Des-todo

Desafogando Destrozando Desquitando Des-todo

Mi foto
Nombre:
Lugar: Santiago de Compostela, Galiza, Spain

Nun papel di que son xornalista. Creo que máis ben son contadora de historias. Será porque son teatreira de corazón. Collo un oco na rede para contar historias, miñas e de outros. Túas. Para que sexan nosas. Se queres falar comigo, atendo en elimaral@gmail.com

sábado, abril 15, 2006

Ata a médula

Flipo contigo. Porque despois de máis de dous anos xuntos aínda me quedo coma unha imbécil concentrada mirando o teléfono a ver se me chamas, porque aínda me parece que che digo poucas veces que te quero, porque emociónome cando me chega unha mensaxe pensando se será túa... quérote, meu bichiño, quérote máis do que nunca pensei chegar a querer.
Aínda sinto que se me remexe todo por dentro, que me sube unha sensación dende onde din que nace o amor, segue a trepar polo meu estómago, arrasando con todo, latéxame máis forte o corazón e remata nun gran bico na túa meixela. Ai, pero cando non teño a túa meixela ao lado, iso doe, meu amor, doe, porque esa enerxía queda contida no meu interior e non sei cara onde botala fóra. Quérote, pequeniño, e quérote á miña beira para que non me doia máis cando non te teña perto para darche un bico.
Aquí, en Santa Tegra, en Compostela, ou onde sexa, dígoche que te quero, que te respecto e que te adoro, meu bichiño.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Genial fill someone in on and this mail helped me alot in my college assignement. Say thank you you on your information.

10:28 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home