Des-todo

Desafogando Destrozando Desquitando Des-todo

Mi foto
Nombre:
Lugar: Santiago de Compostela, Galiza, Spain

Nun papel di que son xornalista. Creo que máis ben son contadora de historias. Será porque son teatreira de corazón. Collo un oco na rede para contar historias, miñas e de outros. Túas. Para que sexan nosas. Se queres falar comigo, atendo en elimaral@gmail.com

jueves, agosto 19, 2004

Mutan (baseada en feitos reais)

Tres novos puntiños vermellos ocuparan a miña cara. Como picaban... Malditos mosquitos. Cando me mirei no espello vin que ademais dos tres volcáns que me fixera o simpático compañeiro de cama, tamén se ocupara do meu pescozo, e polo que me proía a man, tamén pasara por alí.
Aínda en camisón fun polo flis flis que acabaría coa súa infame vida. Quiteille o envoltorio, aínda estaba sen estrenar. "Magnífico- murmurei como neomosquitarricida-, ti probarás o novo flis que mercou miña nai".
Pulvereicei o cuarto aplicándome sobre o zugador-insecto e dirixinme á ducha.
Ao sair da ducha sentín que algo batía na porta. "Miña nai, a berrarme polo consumo excesivo de auga quente", pensei. Pero ignorando o ruído púxenme a secar o cabelo conciencudamente "ti cara a dentro, ti cara a fóra".
"Esquéceme!!", pero nin cos meus berros de histérica faxionvictim logrei disuadir a miña nai. "Seguro que me dá a brasa por deixar o flis flis-a palabra espray arrepíame- enriba da cama".
Tapeime coa toalla- que sexy estaba, falando de todo un pouco-, e saín disposta a ter unha nova bronca con miña nai. A toalla foi dar ao chan ao abrir a porta. Como consecuencia do abuso de flis flis o mosquito mutara e case non tiña espazo dentro do cuarto.
Cando me veu, lembrouse de min e, sedento de vinganza, despois de escupirme tragoume con aquela boca noxenta. Todo se fixo escuro. Eu quedei atrapada no esófago simulando saída de Misión Imposible, tratando de non chegar ao estómago co seu xugo gástrico, o seu sangue...
Daquela entrou miña nai, disposta a protagonizar a dúo comigo un novo episodio de agresividade doméstica (nunca chegamos ás mans). Non se percatou da gravidade do asunto polo mosqueo descomunal que tiña, asi que nin curta nin perezosa comezou a darlle cun matamoscas ao mosquito xigante. Evidentemente non lle afectou no máis mínimo. Todo aquel que coñeza a miña nai sabe que non é quen de recoñecer unha derrota: a testalana non hai quen lle gañe. Na cociña fíxose cun macrocoitelo co que tronzou ao supermosquito e así logrei salir do noxento insecto.
"Limpa este cuarto, que parece unha pocilga. E dúchate, que mira como estás". ¿Comprendedes por que non podo levarme ben con miña nai?

3 Comments:

Blogger Elianinha said...

Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

8:00 p. m.  
Blogger Elianinha said...

Cando falan de que Internet é un medio frío... supoño que será porque o descoñecen. Permíteme dicirche Rubén86 que me emocionou o teu comentario, que é moi fermoso e que me sinto moi louvada. Agardo atopar máis comentarios teus, e coñecer máis do teu exilio, e que saibas que cada vez que vaia escribir algo estarás na miña cabeza. Moitas gracias.
PD: comezar a ler blogs é un vicio, é o que máis me gusta da rede de redes. Teño outra blog, a dirección é http://elianinha.blogspot.com

8:03 p. m.  
Blogger Marla Singer said...

Agora estou enganchada ós teus comentarios e posts

7:47 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home