Menuda noite
Versión A: esta noite estaba abrindo un paquete que alguén me enviara. Era un paquete castaño, destes que teñen unha tira que ao separala se abre o sobre inmediatamente, que xa vai rasgado. Estaba eu abrindo o sobre e de repente sáltame un rato á cara. Berro, como un posesa, e intento apartarmo da cara e son incapaz, así que me tiro ao chan e escapo correndo ata a habitación de miña nai, cunhas palpitacións brutais, sentindo o noxo dun rato na cara.
Versión B: son as 5 da mañá. Eli durme pracenteiramente abrazada ao seu boneco co que durme, a mascota da Eurocopa 2004, Kinas, que vedes na foto, aínda que eu apodeino Martiño. É máis do país. Pois Eli, soba como dios, cando Martinho tócalle a cara coa man, e aínda en soños berro como nas pelis, e apártolla, e volve a caer sobre a miña cara, así 3 veces, ata que me tiro da cama, antes agarrando a Martiño para salvalo daquel rato noxento e me meto na de miña nai, porque había un rato na miña cama.
Esta foi a miña noite, berrei como nunca berrara. Que acojone pillou miña nai, sen embargo podíanme matar, que meu pai nin espertou. É que durmo tan profundamente, que nin me entero do que é realidade e do que son soños... Pero que mal o pasei.